Fogar

Elixe o teu plan

Propoñémosche dous tipo de plans para que elixas o plan que máis te conveña para os teus e para ti.

A clave para aforrar na factura da electricidade é elexir a potencia e a tarifa adecuada. Nós axudarémosche a escoller a fórmula máis idónea para que te sintas cómodo co que pagas.

Pídeo Xa!

Mándanos a túa factura por whatsapp e calculamos o teu aforro.

603 446 437

PLAN ÚNICO

Benefíciate de pagar a calquera hora do día o mesmo prezo pola túa electricidade. Podes utilizar o ferro de pasar, o termo eléctrico ou calquera outro aparello eléctrico sempre que queiras. A enerxía consumida custarache ao mesmo prezo. Na túa factura indicarémosche cal foi o teu consumo e sobre iso aplicámosche un prezo fixo. Esquécete de horarios e das variacións do mercado eléctrico! Síntete libre e pon a funcionar os teus electrodomésticos cando ti prefiras. 

Quero Información!

PLAN DUAL

Es dos que planifica o seu día na noite anterior? Esta é a túa tarifa! Verás que pagarás menos na túa factura! Aforrarás cartos sempre que poñas a lavadora, o lavalouza, o aspirador ou outro aparello entre as 23.00 e as 13.00 no verán e entre as 22.00 e as 12.00 no inverno. Fíxate! Son un total de 14 horas baratas ao longo do día e sairás beneficiado sempre e cando focalices, polo menos un 30% do teu consumo nesa franxa horaria.

Quero información!