Coñece como HIDROELECTRICA LUMYMEY impulsa o cambio cara un futuro máis sostible.
SERANTES
Situado no Concello de Santiso, este parque solar, cunha potencia instalada de 99,22 kW, foi inaugurado en 2024. Os seus 242 módulos fotovoltaicos de 410 W captan a radiación solar e convértena en electricidade de orixe 100% renovable, achegando ao sistema enerxía limpa.
PORTOCHAO
Situada no Concello de Santiso, esta mini central hidroeléctrica, cunha potencia instalada de 96 kW, foi inaugurada no primeiro terzo do século XX e continúa, ata hoxe, xerando enerxía respectuosa co medio ambiente.
PORTODIZ
Situada no Concello de Santiso, esta mini central hidroeléctrica foi repotenciada no ano 2025, incrementando a súa potencia instalada de 0,525 kW a 1.600 kW. A actuación, financiada con fondos europeos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, supuxo unha inversión total de 3.345.000 €, dos cales 1.200.000 € corresponden á subvención concedida.
Esta mellora reforza o compromiso do municipio coa transición enerxética e a aposta por un modelo de desenvolvemento sostible basado en enerxías renovables.



Español