Preguntas frecuentes
É a posibilidade de escoller a comercializadora de enerxía eléctrica que máis che convén. Isto débese á liberación do mercado eléctrico iniciada en España a partir do año 1997. A nova lexislación no sector recoñece tres tipos de actividades: a xeración e a comercialización de enerxía (parcialmente liberalizadas) e a distribución de enerxía (actividade regulada).
A distribuidora é a propietaria da rede eléctrica e tamén dos contadores que están en réxime de aluguer. Entre as súas funcións está garantir a calidade da subministración e realizar labores de mantemento e reparación das dúas infraestruturas. Ademais recolle a lectura dos contadores que con posterioridade facilítallas ás comercializadoras.
A comercializadora é a que che emite a factura da luz e por tanta é a compañía que podes elixir. Xestiona a compra de enerxía no mercado maiorista e a través das redes de distribución ordena o transporte ata a subministración do cliente.
Somos unha comercializadora libre que dende o ano 2009 con motivo á liberación do mercado eléctrico levamos operando na península.
O noso equipo está formado por profesionais especializados no asesoramento enerxético, e axudarémosche a xestionar a túa enerxía para que aforres finalmente na factura da luz.
Ademais estamos comprometidos co medio ambiente. Dende 1906 producimos enerxía limpa e verde grazas ás nosas dúas mini-centrais hidráulicas situadas no centro de Galicia.
En Lumymey queremos transparencia nas túas facturas. Asesorarémosche para que só contrates o que realmente necesitas. Sinxeleza. O noso equipo estudará que potencia e tarifa axústase máis aos teus hábitos de consumo, desa maneira forma comenzarás a aforrar dende a primeira factura.
Si, podes contratar connosco calquera particular ou empresa que se atope dentro do territorio peninsular.
Teléfono gratuíto: 900 701 152
Whatsapp: 603 446 437
Fax: 981 815 466
Correo electrónico: info@lumymey.es
Oficina. Alexandre Bóveda, 9 15800 Melide (A Coruña)
É moi doado, simplemente chámanos ao teléfono gratuíto ou achégate ás nosas oficinas. Se o prefires, podes enviarnos a túa última factura por email ou mediante unha foto por whatsapp.
Estudaremos os teus hábitos de consumo para ofrecerche a tarifa e/ou potencia que se adapte mellor ás túas necesidades. Finalmente, cando asines connosco o contrato da luz, xestionarémosche o cambio coa túa distribuidora sen que teñas que preocuparte de facer ningún tipo de xestión.
Non, o cambio de comercializadora é totalmente gratuíto.
Non. A Lei establece que cando un consumidor cámbiase de comercializadora nunca quedará sen luz. Trátase dun proceso simultáneo. O alta cadra coa baixa da anterior comercializadora. Trátase dun proceso entre empresas que xamais implica un corte da subministración.
Dende que contrates connosco a luz, é común que aínda recibas unha última factura da túa anterior comercializadora. A distribuidora da túa zona ten que activar o teu novo número de contrato connosco e comezar a facilitarnos as túas lecturas. A data da última lectura da compañía anterior será a primeira para a nosa. Por iso nunca vas pagar por duplicado unha factura.
Si. Ademais facémosche un estudo previo para ver que tarifa e potencia se adapta mellor ás túas necesidades
Non. Ante un axuste de potencia e/ou tarifa, simplemente indícanolo e prepararémosche o contrato. Nós poñerémonos en contacto co teu distribuidor sen que ti teñas que realizar ningún trámite. Informarémoste cando o cambio estea efectivamente activado, así como dos posibles gastos que puidesen orixinarse coa túa distribuidora con motivo do devandito cambio técnico.
É a túa distribuidora a que por medio da nosa factura che vai a cobrar os gastos xerados ante un cambio de tarifa e/ou potencia. Nós simplemente comunicarémoslle a túa distribuidora o cambio a realizar sobre a túa subministración. Unha vez que estea efectivamente activado, a túa distribuidora emitirá unha factura e nós cobrarémosche ese mesmo importe. Evidentemente antes de pasarche o cargo, comprobaremos que os conceptos e a contía sexan acordes á normativa vixente, pola contra, iniciaremos unha reclamación sobre a túa distribuidora.
Por iso non te preocupes, antes de xestionar o cambio informarémoste dos posibles gastos coa túa distribuidora.
Se es cliente da tarifa 2.0 e 2.1 non terás ningunha permanencia.
Pero se tes contratada unha tarifa 3.0, 3.1 e 6.1 si que terás permanencia dun ano con dereito a penalización se anulas en contrato antes do vencemento e sen previo aviso. Isto débese a que temos que xestionar para ti certo volume de quilovatios para ofrecerche un bo servizo. Polo que se te vas antes do vencemento e sen avisarnos, recibiremos unha penalización por non poder xestionar eses quilovatios, e iso será o que che apliquemos.
Por suposto. Da mesma maneira que ti decides con quen queres contratar o teléfono ou internet tamén podes escoller a compañía eléctrica que máis che guste.
Si. Tan só necesitamos o número CUPS da túa subministración. Se a túa subministración xa estivo dado de alta algunha vez ( aínda que actualmente non haxa luz), ese número pódecho facilitar a túa distribuidora ou o podes atopar nalgunha factura antiga.
No caso que a túa subministración nunca tivese número CUPS (nunca estivese dado de alta), é necesario realizar uns trámites coa túa distribuidora. Nós axudarémosche a levar a cabo a xestión.
O Código Universal de Punto de Subministración (CUPS) é un código único que identifica un punto de subministración de enerxía en España. Comeza coa secuencia ES, máis outros 20 díxitos (que inclúen cifras e letras).
É necesario que ti como futuro titular da nova subministración realices un trámite previo coa distribuidora da túa zona. É un proceso obrigatorio para ter luz e se queres dende Lumymey axudámosche a xestionalo sen custo algún.
O primeiro é pedir o número CUPS da túa subministración ao distribuidor da túa zona. Cando o solicites, a túa distribuidora requirirache certa documentación para abrirche un expediente. Tamén é posible que durante a tramitación do mesmo, o teu distribuidor cóbreche en concepto de dereitos unha factura. Unha vez que comprobemos os datos, haberá un peche de expediente e terás un número CUPS co que nós xa poderemos darche de alta a túa subministración. Indicarémosche que potencia e tarifa adáptase mellor ás túas necesidades. Finalmente o distribuidor conectarache á súa rede de distribución e terás luz.
O importe da factura do alta dependerá da potencia e tarifa que se vai a contratar. A túa distribuidora realizará os traballos técnicos sobre a túa subministración e en función da potencia e/ou tarifa que se contratou emitirá unha factura. Son os chamados dereitos. Esa factura cárganola inicialmente a nós como comercializadora e nós finalmente facturamos esa mesma cantidade ao novo titular. A nosa actuación é de meros intermediarios. Antes de contratar informarémosche do custo da alta xa que os prezos están regulados por lei e ademais revisaremos que a factura da distribuidora sexa correcta.
Si porque aínda que te cambies de comercializadora, a distribuidora é sempre a mesma e esta é a obrigada a manter a rede en bo estado.
A distribuidora non se pode elixir. Vén determinada pola zona xeográfica na que se atope a subministración. Os 4 primeiros números do teu CUPS indican a que distribuidora pertences.
O máis directo é que chames a túa distribuidora ao teléfono de avarías que aparece na factura, ou tamén podes atopalo na nosa web na pestana de avarías. Tamén podes poñerche en contacto connosco, axudarémosche a realizar calquera trámite coa túa distribuidora.
A túa distribuidora é a responsable de realizar e facilitarnos as lecturas do teu contador, xa que é un elemento que se atopa na súa rede de distribución e por tanto só ela ten acceso ao mesmo.
En Lumymey facemos a factura segundo o consumo facilitado pola túa distribuidora. Non facemos estimacións. En ocasións, a distribuidora non terá acceso ao teu contador, neste suposto, esta indicaranos que a túa lectura é a mesma que a vez anterior e por tanto soamente facturarémosche o termo de potencia, o aluguer do contador e os impostos. Para a próxima vez que a distribuidora lea o teu contador, facilitaranos a lectura dende a última vez que puido realizarse a mesma e nós emitirémosche a factura pola enerxía acumulada.
.
As nosas facturas son moi sinxelas e detállase cada concepto que se cobra:
Termo de potencia: Calcularase en función da túa potencia contratada e do período facturado. Este concepto facturarase sempre aínda que non teñas consumo.
Termo de enerxía activa: Sempre que consumises enerxía, calcularase en función dos teus quilovatios consumidos durante ese período.
Imposto eléctrico: É un imposto especial, ao tipo 5,11269632%, que se aplica sobre o termo de potencia e enerxía.
Aluguer do contador: Se é o teu caso.
I.V.A.: Aplícase o tipo xeral.
*Poden aparecer outros conceptos como a penalización pola enerxía reactiva se se cumpre o caso. Pero adoito aplicase a clientes de tarifa 3.0, 3.1 e 6.1.
Todos os usuarios da rede eléctrica teñen que pagar unha cantidade á súa distribuidora en función da potencia e da enerxía facturada, que se chama peaxe. Polo xeral, as comercializadoras abónanllo directamente ás distribuidoras sen que o cliente teña que pagar a dúas compañías distintas.
En Lumymey, o custo da peaxe é o que está regulado polo regulamento eléctrico e inclúese nos nosos prezos ofertados, tanto da potencia como da enerxía. Nós encargámonos de pagarlle á túa distribuidora a peaxe correspondente á túa factura, sen que teñas que abonar cantidade algunha a dúas empresas diferentes.
Se o teu contador está en réxime de aluguer significa que a propiedade do mesmo é da túa distribuidora. Este importe ven fixado por regulamento e varía en función do tipo de contador. En Lumymey facturarémosche a mesma cantidade que nos indica a distribuidora, sen incrementos.
Á parte do aluguer do contador simplemente cobramos pola enerxía consumida, a potencia contratada, o imposto eléctrico e o IVA. As nosas facturas son moi sinxelas e só cobramos o que estamos obrigados por lei. Non cargamos ningún servizo extra, nin custos financeiros nin outro tipo de conceptos que non estean esixidos legalmente.
A factura da luz así como a dos dereitos (no caso da alta ou modificacións técnicas), emitirémoscha nós. As facturas poderán ser mensuais ou bimensuais en función de como nos facilite a túa distribuidora as lecturas.
As facturas domiciliadas cárganse na túa conta aos 7 días dende a data da emisión da factura.
Podes poñerche en contacto connosco sempre que o desexes. Resolverémosche as túas dúbidas. Podes dirixirte ás nosas oficinas ou contactar por teléfono, e-mail ou incluso whatsapp. Tamén podes usar estas canles de comunicación para calquera modificación do teu contrato.