Somos a túa eléctrica de confianza
Medio ambiente
Servizo personalizado
Fiabilidade
Tan doado como chamar ao 900 701 152
Quén é Lumymey?
Ese percorrido deunos un coñecemento profundo do sector, e hoxe o poñemos ao teu servizo para ofrecerche tarifas que adáptanse a ti, aos teus hábitos e a túa forma de consumir enerxía. Porque sabemos que cada fogar e cada empresa é diferente.
Ademáis, non so comercializamos enerxía: tamén a producimos. E o facemos cun compromiso claro co futuro do planeta. Toda a electricidade que xeramos é 100% verde, porque creemos que coidar o medio ambiente non é unha opción, é unha responsabilidade.

Descubre as nosas tarifas
PLAN
VARIABLE
A túa enerxía a un prezo de mercado
PLAN FIXO
HORARIOS
Aforra de noite, fins de semana e festivos
PLAN FIXO
24 HORAS
Estabilidade os 365 días do ano
Preguntas frecuentes
É a posibilidade de escoller a comercializadora de enerxía eléctrica que máis te conveña. Isto débese á liberación do mercado eléctrico iniciada en España a partir do ano 1997. A nova lexislación no sector recoñece tres tipos de actividades: a xeneración e a comercialización de enerxía (parcialmente liberalizadas) e a distribución de enerxía (actividade regulada).
A distribuidora é a propietaria da rede eléctrica e tamén dos contadores que están en réxime de alquiler. Entre as súas funcións está garantir a calidade do suministro e realizar labores de mantemento e reparación das súas infraestructuras. Ademais recolle a lectura dos contadores que con posterioridade facilitarase ás comercializadoras.
A comercializadora é a que emíteche a factura da luz e por tanto é a compañía que podes elixir. Xestiona a compra de enerxía no mercado maiorista e a través das redes de distribución ordena o transporte ata o suministro do cliente.
Somos unha comercializadora libre que dende o ano 2009 con motivo da liberalización do mercado eléctrico levamos operando na península.
O noso equipo está formado por profesionais especializados no asesoramento enerxético e axudarémosche a xestionar a túa enerxía para que aforres finalmente na factura da luz.
Ademais estamos comprometidos co medio ambente. Dende 1906 producimos enerxía limpa e verde grazas as nosas dous mini-centrais hidráulicas situadas no centro de Galicia.
En Lumymey queremos transparencia nas túas facturas. Asesorámoche para que soamente contrates o que realmente precisas. Sencillez. O noso equipo estudará qué potencia e tarifa axústase máis aos teus hábitos de consumo, desta forma empezarás a aforrar dende a primeira factura.
Envíanos a túa factura e facémosche un estudo gratuíto
VER INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS
PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. HIDROELÉCTRICA LUMYMEY, S.L., como responsable do tratamento, tratará os seus datos para xestionar a relación como cliente ou potencial cliente, as súas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións, queixas. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.
Neste mesmo acto obrígase a facilitar esta mesma información ás persoas cuxos datos nos comunique.
Os nosos clientes opinan
Pásome todas as semanas de viaxe e gústame chegar a casa e que non me chamen desta empresa para ofrecerme produtos extras, son moi respetuosos.
Comparto piso con máis estudantes e eles partíronme a factura.
Cando cheguei a españa non falaba o idioma, eles atendéronme en inglés.
Aluguei o meu piso e para facer o cambio de titularidade co novo inquilino foi moi sinxelo.
Paréceme xenial que me poida comunicar con eles por whatsapp.
Paréceme cómodo poñerme en contacto ao teléfono, nunca esperei nin me pasaron de persoa a persoa.
Foi moi sinxelo contratar con eles. Sen esperas telefónica nin papelorios.
Cando me fun do meu piso alugado, lumymey partiume a factura e repartiu o consumo entre a miña caseira e eu
Sempre que fun as súas oficinas tratáronme de marabilla.
Vivo en italia dende anos. Contactar con eles resultoume doado. Desentendínme da factura do meu piso de madrid e por riba baixáronme o prezo.
Estaba tan satisfeita con eles na miña casa que os contratei para o meu negocio. Ademáis axudáronme para o expediente da alta coa miña distrubuidora.
Cambieime con lumymey e xa estou a aforrar.
Tiña problemas coa miña distribuidora xa que estaban a enviar lecturas estimadas á miña anterior comercializadora. Ao final tiven problemas de facturas. Pero lumymey axudoume a solucionalo e logo contratei con eles.
Son clienta de lumymey, puxéronse en contacto conmigo para aconsellarme que baixase a potencia. Agradecinlles que se interesen por min.
Antes de contratar con eles asesoráronme qué tarifa e qué potencia era a máis adecuada e acertaron.

Español