Política de privacidade

Os datos persoais vinculados a esta páxina web respectan as esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais e demais lexislación vixente en materia de protección de datos.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

O responsable do tratamento dos seus datos é HIDROELÉCTRICA LUMYMEY, S.L., con NIF B15552060, dirección Avenida Alexandre Bóveda, 9, 15800, Melide (A Coruña) España, teléfono 900701152 e correo electrónico de contacto Info@lumymey.es.

Como pode poñerse en contacto co noso delegado de protección de datos?

Pode poñerse en contacto co delegado de protección de datos a través de dpd@lumymey.es.

Cal é a finalidade e base de lexitimación coas que tratamos os seus datos e durante canto tempo conservámolos?

1. Datos de persoas que se dan de alta como cliente:

1.1. Xestión da relación contractual. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe un contrato e un interese lexítimo na súa execución.

1.2. Xestión contable. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida no Real Decreto do 22 de agosto de 1885 polo que se publica o Código de Comercio.

1.3. Xestión fiscal. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida na Lei Xeral Tributaria 58/2003 e demais lexislación aplicable.

1.4. Xestión do cumprimento de obrigacións en materia de comercialización de enerxía eléctrica. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e demais lexislación aplicable.

1.5 Xestión da seguridade do sistema de información. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 e demais lexislación aplicable.

Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para alcanzar as finalidades indicadas e, debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición máis amplo de conformidade coa lexislación aplicable.

2. Datos de persoas que contactan a través do formulario e do resto de medios de contacto:

2.1 Datos de clientes:

2.1.1. Xestión da relación contractual. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe un contrato e un interese lexítimo na súa execución.

2.1.2. Xestión contable. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida no Real Decreto do 22 de agosto de 1885 polo que se publica o Código de Comercio.

2.1.3. Xestión fiscal. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida na Lei Xeral Tributaria 58/2003 e demais lexislación aplicable.

2.1.4. Xestión do cumprimento de obrigacións en materia de comercialización de enerxía eléctrica. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe unha obrigación legal establecida na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico e demais lexislación aplicable.

Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para alcanzar as finalidades indicadas e, debidamente bloqueados, durante o prazo de prescrición máis amplo de conformidade coa lexislación aplicable.

2.2. Datos de potenciais clientes. Tratamos os seus datos para xestionar a relación precontractual. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque existe un precontrato e un interese lexítimo na súa formalización e conservarémolos mentres subsista.

2.3 Datos doutras persoas de contacto. Tratamos os seus datos para xestionar as súas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións ou queixas. Podemos tratar os seus datos con esta finalidade porque temos un interese lexítimo en atender ás comunicacións necesarias para levar a cabo a nosa actividade e conservarémolos mentres subsista.

É obrigatorio que nos facilite os seus datos?

Como potencial cliente ou cliente os seus datos son necesarios para formalizar a relación, sen eles non se poderá celebrar nin executar o correspondente contrato.

A quen se comunicará os seus datos?

1. Datos de clientes:

a) Comunicaranse á Administración Tributaria os datos que sexan necesarios para dar cumprimento ás obrigacións legais.

b) Comunicaranse á súa distribuidora, á Comisión Nacional de Mercados da Competencia os datos e ás administracións públicas competentes en materia de comercialización de enerxía eléctrica que sexan necesarios para xestionar a relación contractual e dar cumprimento ás obrigacións legais.

c) Comunicaranse á pasarela de pago e ás entidades bancarias os datos que sexan necesarios para realizar os ingresos e pagos bancarios.

d) Comunicaranse aos servizos postais os datos que sexan necesarios para practicar notificacións.

e) Poderanse comunicar a sistemas de información crediticia os datos que sexan necesarios de conformidade coa LOPDGDD 3/2018.

f) Comunicaranse a compañías de seguros e reaseguros, corredurías de seguros e reaseguros, avogados, procuradores, Xulgados e Tribunais, os datos que sexan necesarios para a cobranza/abono de indemnizacións ou para a atención, o exercicio ou defensa de reclamacións.

g) Comunicaranse aos nosos encargados de tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados aos mesmos.

2. Datos de potenciais clientes e datos doutras persoas de contacto. Non se van a ceder os seus datos a terceiros, comunicaranse aos nosos encargados de tratamento cando sexa necesario para a correcta prestación dos servizos contratados aos mesmos.

Realizaranse transferencias dos seus datos a terceiros países?

Non se van a realizar Transferencias Internacionais de datos.

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos a tratar datos persoais seus ou non, a saber, cales son, para que se usan, canto tempo van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van a comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recolleitos, incluído o dereito ao esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da mera conservación dos mesmos.

– Portabilidad: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Onde poderá exercitar os seus dereitos?

O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito, dirixíndose a Avenida Alexandre Bóveda, 9, 15800, Melide (A Coruña) España ou ao correo electrónico dpd@lumymey.es. HIDROELÉCTRICA LUMYMEY, S.L. pon á súa disposición modelos para a realización do exercicio de dereitos que poden obterse na dirección ou a través do correo electrónico indicado anteriormente. Para máis información: www.aepd.es.

Ten dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control?

No caso de que non se respectaron os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob. En ambos os casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

RESPETAMOS TU PRIVACIDAD
Utilizamos cookies propias y de terceros, para gestionar el correcto funcionamiento de la web y con fines analíticos. Puede configurar sus preferencias a través de los botones habilitados al efecto. Si lo desea, puede obtener más información a través de nuestra Política de Cookies.