Preguntas frecuentes
É a posibilidade de escoller a comercializadora de enerxía eléctrica que máis che convén. Isto débese á liberación do mercado eléctrico iniciada en España a partir do año 1997. A nova lexislación no sector recoñece tres tipos de actividades: a xeración e a comercialización de enerxía (parcialmente liberalizadas) e a distribución de enerxía (actividade regulada).
A distribuidora é a propietaria da rede eléctrica e tamén dos contadores que están en réxime de aluguer. Entre as súas funcións están garantir a calidade da subministración e realizar labores de mantemento e reparación das súas infraestruturas. Ademais recolle a lectura dos contadores que con posterioridade lle facilitará ás comercializadoras.
A comercializadora é a que che emite a factura da luz e por tanto é a compañía que podes elixir. Xestiona a compra de enerxía no mercado maiorista e a través das redes de distribución ordena o transporte ata a subministración do cliente.
Somos unha comercializadora libre que dende o ano 2009, con motivo da liberación do mercado eléctrico, operamos na península.
O noso equipo está formado por profesionais especializados no asesoramento enerxético, e axudarémosche a xestionar a túa enerxía para que aforres finalmente na factura da luz.
Ademais estamos comprometidos co medio ambiente. Dende 1906 producimos enerxía limpa e verde grazas ás nosas dúas mini-centrais hidráulicas situadas no centro de Galicia.
En Lumymey queremos transparencia nas túas facturas. Asesorarémosche para que só contrates o que realmente necesitas. Sinxeleza. O noso equipo estudará que potencia e tarifa se axustan máis aos teus hábitos de consumo, desa maneira comenzarás a aforrar dende a primeira factura.
Si, podes contratar connosco calquera particular ou empresa que se atope dentro do territorio peninsular.
Teléfono gratuíto: 900 701 152
Whatsapp: 603 446 437
Correo electrónico: info@lumymey.es
Oficina. Alexandre Bóveda, 9 15800 Melide (A Coruña)
É moi doado, simplemente chámanos ao teléfono gratuíto ou achégate ás nosas oficinas. Se o prefires, podes enviarnos a túa última factura por email ou mediante unha foto por whatsapp.
Estudaremos os teus hábitos de consumo para ofrecerche a tarifa e/ou potencia que se adapte mellor ás túas necesidades. Finalmente, cando asines connosco o contrato da luz, xestionarémosche o cambio coa túa distribuidora sen que teñas que preocuparte de facer ningún tipo de xestión.
Non, o cambio de comercializadora é totalmente gratuíto.
Non. A Lei establece que cando un consumidor se cambia de comercializadora nunca quedará sen luz. Trátase dun proceso simultáneo. A alta cadra coa baixa da anterior comercializadora. Trátase dun proceso entre empresas que xamais implica un corte da subministración.
Dende que contrates connosco a luz, é común que aínda recibas unha última factura da túa anterior comercializadora. A distribuidora da túa zona ten que activar o teu novo número de contrato connosco e comezar a facilitarnos as túas lecturas. A data da última lectura da compañía anterior será a primeira para a nosa. Por iso nunca vas pagar por duplicado unha factura.
Si. Ademais facémosche un estudo previo para ver que tarifa e potencia se adapta mellor ás túas necesidades
Non. Ante un axuste de potencia e/ou tarifa, simplemente indícanolo e prepararémosche o contrato. Nós poñerémonos en contacto co teu distribuidor sen que ti teñas que realizar ningún trámite. Informarémosche cando o cambio estea efectivamente activado, así como dos posibles gastos que puidesen orixinarse coa túa distribuidora co motivo do devandito cambio técnico.
É a túa distribuidora a que por medio da nosa factura che vai a cobrar os gastos xerados ante un cambio de tarifa e/ou potencia. Nós simplemente comunicarémoslle a túa distribuidora o cambio a realizar sobre a túa subministración. Unha vez que estea efectivamente activado, a túa distribuidora emitirá unha factura e nós cobrarémosche ese mesmo importe. Evidentemente antes de pasarche o cargo, comprobaremos que os conceptos e a contía sexan acordes á normativa vixente, pola contra, iniciaremos unha reclamación sobre a túa distribuidora.
Por iso non te preocupes, antes de xestionar o cambio informarémosche dos posibles gastos coa túa distribuidora.
Non temos un período de permanencia na nosa comercializadora.
Mais, se por algunha condición particular da contratación se aplicase unha penalización, esta será claramente especificada e advertida no contrato.
Por suposto. Da mesma maneira que ti decides con quen queres contratar o teléfono ou internet tamén podes escoller a compañía eléctrica que máis che guste.
Sí. Tan só necesitamos o número CUPS da túa subministración. Se a túa subministración xa estivo dada de alta algunha vez (aínda que actualmente non haxa luz), ese número pódecho facilitar a túa distribuidora ou podes atopalo nalgunha factura antiga.
No caso de que a túa subministración nunca tivese número CUPS (nunca estivese dado de alta), é necesario realizar uns trámites coa túa distribuidora. Nós axudarémosche a levar a cabo a xestión.
O Código Universal de Punto de Subministración (CUPS) é un código único que identifica un punto de subministración de enerxía en España. Comeza coa secuencia ES, máis outros 20 díxitos (que inclúen cifras e letras).
É necesario que ti como futuro titular da nova subministración realices un trámite previo coa distribuidora da túa zona. É un proceso obrigatorio para ter luz e, se o prefires, dende Lumymey axudámosche a xestionalo sen custo algún.
O primeiro é pedir o número CUPS da túa subministración ao distribuidor da túa zona. Cando o solicites, a túa distribuidora requerirache certa documentación para abrir un expediente. Tamén é posible que durante a tramitación do mesmo, o teu distribuidor che cobre en concepto de dereitos unha factura. Unha vez comprobados os datos, pechará o expediente e che entregará o número CUPS co que nós xa poderemos tramitar a alta da túa subministración. Indicarémosche que potencia e tarifa se adaptan mellor ás túas necesidades. Finalmente o distribuidor instalará o seu Contador á rede de distribución e terás luz.
O importe da factura do alta dependerá da potencia e tarifa que se vai a contratar. A túa distribuidora realizará os traballos técnicos sobre a túa subministración e en función da potencia e/ou tarifa que se contratou emitirá unha factura. Son os chamados dereitos. Esa factura cárganola inicialmente a nós como comercializadora e nós finalmente facturamos esa mesma cantidade ao novo titular. A nosa actuación é de meros intermediarios. Antes de contratar informarémosche do custo da alta xa que os prezos están regulados por lei e ademais revisaremos que a factura da distribuidora sexa correcta.
Sí, porque aínda que te cambies de comercializadora, a distribuidora é sempre a mesma e está obrigada a manter a rede en bo estado.
A distribuidora non se pode elixir. Vén determinada pola zona xeográfica na que se atope a subministración. Os 4 primeiros números do teu CUPS indican a que distribuidora pertences.
O máis directo é que chames a túa distribuidora ao teléfono de avarías que aparece na factura, ou tamén podes atopalo na nosa web na pestana de avarías. Tamén podes poñerche en contacto connosco, axudarémosche a realizar calquera trámite coa túa distribuidora.
A túa distribuidora é a responsable de realizar e facilitarnos as lecturas do teu contador, xa que é un elemento que se atopa na súa rede de distribución e por tanto só ela ten acceso ao mesmo.
En Lumymey facemos a factura segundo o consumo facilitado pola túa distribuidora. Non facemos estimacións. En ocasións, a distribuidora non terá acceso ao teu contador, neste suposto, esta indicaranos que a túa lectura é a mesma que a vez anterior e por tanto soamente facturarémosche o termo de potencia, o aluguer do contador e os impostos. Para a próxima vez que a distribuidora lea o teu contador, facilitaranos a lectura dende a última vez que puido realizarse a mesma e nós emitirémosche a factura pola enerxía acumulada.
Todos os usuarios da rede eléctrica teñen que pagar unha cantidade á súa distribuidora en función da potencia e da enerxía facturada, que se chama peaxe. Polo xeral, as comercializadoras abónanllo directamente ás distribuidoras sen que o cliente teña que pagar a dúas compañías distintas.
En Lumymey, o custo da peaxe é o que está regulado polo regulamento eléctrico e inclúese nos nosos prezos ofertados, tanto da potencia como da enerxía. Nós encargámonos de pagarlle á túa distribuidora a peaxe correspondente á túa factura, sen que teñas que abonar cantidade algunha a dúas empresas diferentes.
Se o teu contador está en réxime de aluguer significa que a propiedade do mesmo é da túa distribuidora. Este importe ven fixado por regulamento e varía en función do tipo de contador. En Lumymey facturarémosche a mesma cantidade que nos indica a distribuidora, sen incrementos.
A factura da luz así como a dos dereitos (no caso da alta ou modificacións técnicas), emitirémoscha nós. As facturas poderán ser mensuais ou bimensuais en función de como nos facilite a túa distribuidora as lecturas.
As facturas domiciliadas cárganse na túa conta aos 7 días dende a data da emisión da factura.
Podes poñerte en contacto connosco sempre que o desexes, resolverémosche as túas dúbidas. Podes dirixirte ás nosas oficinas ou contactar por teléfono, e-mail ou incluso whatsapp. Tamén podes usar estas canles de comunicación para calquera modificación do teu contrato.

Español