Descubre as nosas tarifas

A túa enerxía a prezo de mercado.

PLAN
VARIABLE

  • A túa enerxía a prezo de mercado.

 

  • Sen permanencias, sen penalizacións.

PLAN FIXO
HORARIOS

  • Prezo fixo con tres horarios.

 

  • Desfruta dun maior aforro consumindo as fins de semana, polas noites e os festivos nacionais de data fixa.

 

  • Sen permanencias, sen penalizacións.

PLAN FIXO
24 HORAS

  • Prezo fixo único as 24 horas.

 

  • Ideal para non preocuparte por horarios nin variacións de prezo de enerxía.

 

  • Sen permanencias, sen penalizacións.

Se o prefires podes chamarnos ao noso teléfono gratuíto:

900 701 152

Preguntas frecuentes

É a posibilidade de escoller a comercializadora de enerxía eléctrica que máis te conveña. Isto débese á liberación do mercado eléctrico iniciada en España a partir do ano 1997. A nova lexislación no sector recoñece tres tipos de actividades: a xeneración e a comercialización de enerxía (parcialmente liberalizadas) e a distribución de enerxía (actividade regulada).

A distribuidora é a propietaria da rede eléctrica e tamén dos contadores que están en réxime de alquiler. Entre as súas funcións está garantir a calidade do suministro e realizar labores de mantemento e reparación das súas infraestructuras. Ademais recolle a lectura dos contadores que con posterioridade facilitarase ás comercializadoras.

A comercializadora é a que emíteche a factura da luz e por tanto é a compañía que podes elixir. Xestiona a compra de enerxía no mercado maiorista e a través das redes de distribución ordena o transporte ata o suministro do cliente.

Somos unha comercializadora libre que dende o ano 2009 con motivo da liberalización do mercado eléctrico levamos operando na península.

O noso equipo está formado por profesionais especializados no asesoramento enerxético e axudarémosche a xestionar a túa enerxía para que aforres finalmente na factura da luz.

Ademais estamos comprometidos co medio ambente. Dende 1906 producimos enerxía limpa e verde grazas as nosas dous mini-centrais hidráulicas situadas no centro de Galicia.

En Lumymey queremos transparencia nas túas facturas. Asesorámoche para que soamente contrates o que realmente precisas. Sencillez. O noso equipo estudará qué potencia e tarifa axústase máis aos teus hábitos de consumo, desta forma empezarás a aforrar dende a primeira factura.

Envíanos a túa factura e facémosche un estudo gratuíto

Mándanos a factura da luz (PDF, JPG, PNG ou JPEG)*

Acepto as condicións de uso e a política de privacidade (ler)

VER INFORMACIÓN BÁSICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. HIDROELÉCTRICA LUMYMEY, S.L., como responsable do tratamento, tratará os seus datos para xestionar a relación como cliente ou potencial cliente, as súas solicitudes de información, dúbidas, consultas, suxestións, queixas. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.

Neste mesmo acto obrígase a facilitar esta mesma información ás persoas cuxos datos nos comunique.